Este mércores, 28 de febreiro, deu comezo a oitava edición do programa VIRADA Liderado, coa participación de doce entidades da economía social galega.
En concreto, quince persoas vencelladas ao cooperativismo e ao terceiro sector de acción social formarán parte as próximas semanas da proposta formativa de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA, para desenvolver e fomentar o liderado en entidades de economía social.
As entidades participantes desta edición son:
- Asociación Autismo Bata
- Alento Asociación de Dano Cerebral
- Unión de cooperativas Espazo Coop
- Amipa
- Casa Grande de Xanceda
- Asociación Nuestra Señora de Chamorro
- Asociación San Xerome Emiliani
- Xegalia Galega de Xestión
- Fademga Plena inclusión Galicia
- Urdime S. Coop Galega
- EVD Galicia
- ACEESCA
O propósito de VIRADA Liderado é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.
O programa, que finalizará o 27 de xuño de 2024, estrutúrase a través de encontros presenciais outdoor, talleres de contidos sobre sobre liderado, sesións de coaching persoal e o desenvolvemento dun proxecto de Impacto Organizacional.