Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto destas ayudas é o financiamento dos custos de persoal imputables ao exercicio 2023 das unidades de apoio á actividade profesional e do persoal que desenvolva accións de coordinación e/ou dirección dos Centros Especiais de Emprego (en adiante CEE) con sede e centro de traballo na provincia de Pontevedra que estean inscritos no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego e teñan recoñecida a súa carencia de ánimo de lucro na data de publicación desta convocatoria, coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE que operan na provincia de Pontevedra.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas axudas os CEE sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
- Figurar inscritas como Centro Especial de Emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, de 7 de xullo polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.
- Ter recoñecida a súa condición como Centro Especial de Emprego “sen ánimo de lucro”.
- Constar tanto domicilio social como centro de traballo obrigatoriamente na provincia de Pontevedra.
- Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
- Non incorrer nalgunha das prohibición previstas na Lei Xeral de Subvencións non estar incluída nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.