Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto destas ayudas é o financiamento dos custos de persoal imputables ao exercicio 2023 das unidades de apoio á actividade profesional e do persoal que desenvolva accións de coordinación e/ou dirección dos Centros Especiais de Emprego (en adiante CEE) con sede e centro de traballo na provincia de Pontevedra que estean inscritos no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego e teñan recoñecida a súa carencia de ánimo de lucro na data de publicación desta convocatoria, coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE que operan na provincia de Pontevedra.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas os CEE sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Figurar inscritas como Centro Especial de Emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, de 7 de xullo polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.
  2. Ter recoñecida a súa condición como Centro Especial de Emprego “sen ánimo de lucro”.
  3. Constar tanto domicilio social como centro de traballo obrigatoriamente na provincia de Pontevedra.
  4. Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
  5.  Non incorrer nalgunha das prohibición previstas na Lei Xeral de Subvencións non estar incluída nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
Volver