“Confiar no proceso e vir con ganas de aprender” son algúns dos consellos que nos deixa Ana Olveira Blanco, socia da cooperativa Abeluria e presidenta de Espazo COOP, tras participar en VIRADA 2025.
Hoxe, 18 de setembro, ábrese o prazo de inscrición para unirse á VIII Edición de VIRADA Equipos, e á X Edición de Virada Liderazgo, en 2026.
Un ano máis, VIRADA preséntase como unha proposta consolidada de calidade non só para entidades de economía social e do terceiro sector, senón para todas aquelas que queren desenvolver o liderado positivo e a mellora do rendemento das súas persoas e equipos.
Cal das especialidades do Programa VIRADA interésame a min ou ao meu equipo?
VIRADA LIDERADO
O propósito de VIRADA Liderazgo é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.
Entre febreiro e xuño de 2026 desenvolverase a X Edición, na que ALGALIA continuará contando coa colaboración Fundación EDE, e a contribución de Caldaria Laias para o desenvolvemento das actividades.
A participación está aberta a soamente 25 persoas, e o prazo de inscrición termina o 13 de febreiro de 2026.
Pode cubrir a ficha de inscrición AQUÍ.
Consulte toda a información detallada AQUÍ.
VIRADA EQUIPOS
O propósito de VIRADA Equipos é contribuír a que equipos naturais de organizacións da economía social, e empresas en xeral, desenvolvan competencias de liderado compartido e desempéñense con maior efectividade.
Está aberto a equipos de dirección dunha entidade, equipos técnicos, equipos de proxecto, equipos de centro ou servizo, unha xunta directiva dunha asociación, o padroado dunha fundación, un consello reitor dunha cooperativa, un equipo de innovación dunha organización, #etc…
Entre febreiro e xuño de 2026 desenvolverase a VIII Edición do Programa, na que ALGALIA continuará contando coa colaboración Fundación EDE, e a contribución de Caldaria Laias para o desenvolvemento das actividades.
Lembra inscribir ao teu equipo antes do 13 de febreiro de 2026 contactando co responsable do programa, David Pereiro, no correo [email protected] ou no teléfono 687 87 94 14. A participación está aberta a soamente 5 equipos!
Podes consultar toda a información detallada AQUÍ.
Non deixes que cho conten, VIRADA é unha experiencia para vivila. Esperámosche a bordo!