Seis entidades da economía social galega empezan a levar á práctica os seus plans de cambio: ALENTO, AGACA, AMIPA, Chamorro e as dúas que forman EVD Galicia. O primeiro encontro foi en Laias o 24 e 25 de setembro, e o proceso seguirá ata finais de 2027.
En xullo contabámosvos que estas organizacións xa tiñan o seu diagnóstico e o seu plan de evolución. Agora toca poñelos en marcha, que é a parte máis bonita e tamén a máis difícil.
A finais de setembro, máis de 30 persoas de ALENTO e EVD Galicia compartiron dous días en Laias (Ourense). Era o primeiro outdoor desta etapa, un encontro fóra da sede e das présas de cada día. Guiouno o equipo de EDE Fundazioa e desde ALGALIA estivemos alí, acompañando.
Coincidiron profesionais, membros das xuntas directivas e persoas usuarias. Non é tan habitual xuntar todas esas voces nun mesmo espazo, e para nós foi do mellor do arranque.
Cada entidade retomou os proxectos de cambio que saíron do seu diagnóstico e empezou a aterralos. Falouse de quen os vai a impulsar, de que fai falta para sacalos adiante e de cando se revisará como van. E houbo tempo para temas que non sempre atopan oco, como a repartición de responsabilidades ou o poder dentro da organización.
AGACA, Chamorro e AMIPA estrean o seu primeiro outdoor o 3 e 4 de decembro, esta vez co equipo de ALGALIA á fronte. Cada organización terá catro destes encontros entre 2026 e 2027, e ademais sesións de acompañamento na súa propia sede para que os plans cheguen ao día a día.
Queda moito camiño por diante e moitas cousas que probar. Apetécenos moito percorrelo con elas. Seguimos remando.
Equipo VIRADA