
Fomos
O pasado pasou e por tanto custa menos miralo que aquilo que aínda non pasou. Temos que mirar o pasado para aprender pero, sobre todo, para redeseñar futuros diferentes que non nos volvan a facer caer nos problemas que tivemos no pasado.
Orixe
Algalia naceu no ano 1995 como iniciativa de autoemprego dun grupo de mozos que pretendían traballar de forma cooperativa, contribuíndo a mellorar a xestión das entidades non lucrativas en Galicia.
Historia
A historia de máis de vinte anos de Algalia recolle a evolución dun proxecto empresarial, a experiencia vital duns mozos emprendedores, o desenvolvemento do sector non lucrativo e da economía social. Ler máis
Somos
As nosas accións fannos ser como somos. Non somos unha organización constituída con características permanentes, senón que estamos en permanente cambio e que este, en importante medida, é o resultado das accións que levamos a cabo. Somos en conformidade a como actuamos.
Misión
Xeramos impacto na Sociedade, acompañando a persoas e equipos en organizacións da Economía Social e contribuíndo á súa sustentabilidade. Achegamos valor mediante coñecemento experto, capacidade de resposta, innovación e o noso modelo de empresa, baseada en principios cooperativos.
Valores
Entre os nosos principais valores atópanse a honradez e profesionalidade, pesando o traballo en equipo, a adaptabilidade ao cambio e o compromiso co sector da economía social. Ler máis
Aspiramos
Impulsar a transformación social a través dun proxecto cooperativo cun retorno privado e grupal satisfactorio..
Visión
Somos unha cooperativa de 35 persoas, cuxos negocios de Asesoría e Consultoría facturan 3M€. O 90% das persoas son socias.
Acompañamos ás entidades da Economía Social, cun marcado liderado no Terceiro Sector. Recoñécennos como referentes, sobre todo en Galicia, pero tamén noutras comunidades autónomas de España.
Destaca a nosa capacidade de adaptación a contornas complexas e esixentes.
A nosa forza está no equipo, persoas que traballamos con ilusión e entusiasmo. Velamos por que vivan mellor e integramos a súa diversidade. Xeramos impacto.
Principios cooperativos
Tomamos como referencia para o desenvolvemento dos nosos principios cooperativistas a formulación de 10 principios que estableceu a Experiencia cooperativa de Mondragón, e que sintonizan cos principios que establece a Alianza Cooperativa Internacional. Ler máis
Grupo Algalia
Algalia é unha organización de base filosófica cooperativa e articúlase a través dunha estrutura xurídica para dar resposta aos distintos servizos
Estrutura xurídica
Asumimos a Cooperativa como unha asociación de persoas que teñen necesidades ou intereses socioeconómicos comúns. Ler máis
Órganos
A asemblea como expresión da vontade social, o consello reitor como órgano de goberno e o equipo de dirección como máximo órgano executivo da cooperativa, son as estruturas das que nos dotamos para o noso bo goberno. Ler máis