Despois de case 20 anos en Algalia, a carteira de clientes de Isaura Vilas está conformada fundamentalmente por grandes entidades de servizos sociais, na área de Discapacidade Intelectual. Forma parte do Equipo de Coordinación dos servizos de asesoría, posto en marcha este ano en Algalia.
1.- Desde os teus inicios ata o de agora… como evolucionou o sector e como se adaptou o Servizo Laboral de Algalia?
O sector foi crecendo en todos os sentidos e nesa evolución, desde Algalia potenciamos o factor humano fronte a situacións inesperadas como a pandemia por COVID19. Ata entón os cambios lexislativos eran moitos, pero tiñamos experiencia e cada vez máis ferramentas de traballo para afrontalos.
Con todo, a situación en 2020, 2021 e 2022 foi realmente inesperada e causou unha gran incerteza, tanto para as entidades como para nós. Desde ese momento tivemos que soportar enormes obstáculos á hora de xestionar e axudar ás nosas entidades porque as propias administracións non estaban preparadas. Supuxo un reto moi duro a nivel informático e loxístico, pero con moito ánimo, esforzo e capacidade de superación conseguimos capear o temporal.
2.- A que retos enfróntanse os asesores laborais nun ámbito normativo tan cambiante como o que traballades? Como afecta os clientes?
Creo que no Servizo Laboral vivimos nun reto constante! Foron cambiando as leis e con elas as situacións e problemática nas entidades, que é cada vez é máis variable. Eu, como técnica de apoio aos asesores, debo facilitar e filtrar información para que a xestión dos asesores sexa o máis levadía posible… Os clientes son entidades preocupadas polas persoas, necesitan ver “luz” e ter esperanza en mellorar. Algunhas crecen considerablemente e o seu persoal de traballadores aumenta, o que incrementa directamente a carga no servizo laboral.
3.- Cal é a función deste novo equipo de coordinación en Asesoría? Que beneficios achegará á vosa xestión diaria e aos clientes?
O equipo de coordinación ten como maior pretensión a mellora da nosa xestión diaria, conseguir unha maior axilidade para resolver problemas, e achegar maior confianza aos clientes. Necesitan saber que estamos con eles, que nos preocupamos e acompañamos en todas as xestións necesarias. Só desta forma conseguimos transmitirlles máis tranquilidade.
4.- Cal é a parte máis satisfactoria do teu labor?
Sen dúbida, axudar ás nosas entidades, que á súa vez están a tentar integrar no mundo laboral a persoas con discapacidade. Sentimos moi orgullosos de ver como avanzan e alcanzan grandes logros.
É moi satisfactorio o trato co cliente, cando somos capaces de facerlles a vida “máis fácil”. Ás veces, unha simple conversación achega tranquilidade e o cliente agradéceo enormemente. Quen non quere sentirse apoiado? Pois aquí estamos….