Programa Virada

Virada Liderado

O propósito de VIRADA para o desenvolvemento do liderado (VIRADA Liderado) é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.

Preto de 45 entidades e 130 persoas de economía social  confiaron en VIRADA Liderado para contribuír ao desenvolvemento das súas líderes. Persoas particulares tamén teñen o seu lugar neste espazo de formación.

As actividades principais que estruturan o programa son:

  1. Encontros presenciais outdoor.
  2. Talleres de contido sobre liderado.
  3. Coaching persoal.
  4. Proxecto de Impacto Organizacional.

VIRADA Liderado é herdeiro e continuación en Galicia do Programa de liderazgo  desenvolvido desde o ano 2009 en Euskadi pola Escola de Liderado e Emprendemento de  EDE Fundazioa.

Tanto VIRADA Liderado, como o Programa de liderado de EDE Fundazioa, forman parte dun itinerario formativo que se desenvolve en coordinación coa Mondragon  Unibertsitatea (Universidade de Mondragón) e que culmina cun Máster en coaching de personas y equipos.

Máis información

Inscrición