Persoas participantes en VIRADA Liderado

Gisela García-Álvarez

Bioquímica de formación e cidadá do mundo por vocación, ten máis de 10 anos de experiencia en investigación en sistemas de saúde de Europa e Asia. O seu interese pola xestión levouna a lanzar o primeiro clúster de saúde e ciencias da vida en Singapur en 2010 combinándoo coas súas actividades de investigación e docencia. O seu interese “porque as cousas funcionen” e outros eventos da vida atraérona ata Galicia onde traballa como xerente do Clúster Saúde de Galicia, CSG, desde finais de 2016.

En tres anos desenvolveu unha exitosa estratexia de internacionalización das empresas galegas de asistencia sanitaria e social, atraendo financiamento público e investimento para o ecosistema e a rexión. Tamén situou ao  CSG como canle directa de comunicación entre reguladores, provedores e usuarios e asinou varios marcos de colaboración dentro de sectores que incrementaron as sinerxías a nivel global. Actualmente participa no lanzamento de #CSG4Impact, un novo programa do CSG para apoiar proxectos de impacto social. Ademais forma parte do grupo de traballo do plan estratéxico de DIH DATALIFE