En abril finalizamos o proceso de Contabilidade Social de ASPANAES, iniciado en maio de 2023, e que rematou coa redacción do Informe de Contabilidade Social e as conclusións sobre como a entidade debe darlle continuidade.

Desde a área Económica de ASPANAES, Diana Neira fálanos dun proceso no que participaron familias, persoas con TEA, colaboradores… un éxito que atribúe a toda a organización e aos seus membros:

1.- Que supón a contabilidade social para unha entidade como ASPANAES?

Afrontar a contabilidade social implica para Aspanaes tomar a decisión de dotarse dunha ferramenta valiosa para o desenvolvemento e comunicación da súa misión.  Un instrumento eficaz no que apoiarnos para explicar e difundir entre as administracións, empresas, socios e colaboradores, a importancia e o impacto do traballo que cada día realizan os nosos profesionais, monetizando o valor social que achegamos como organización, máis aló do estritamente contable.

A contabilidade social fala dos nosos proxectos, custos, resultados pero tamén pon de manifesto os intereses e valores da entidade, a repercusión social e económica da nosa misión, poñendo de relevo o modo en que contribuímos ao beneficio da comunidade.

2.- Que resultados ou conclusións máis significativas obtivéronse deste recente proceso realizado con Algalia?

Este proceso implicou diversas aprendizaxes, entre eles ter un maior coñecemento sobre a percepción que da entidade teñen as persoas, asociacións, provedores, socios e en xeral, todos os colectivos que participan dun modo ou outro no mantemento e impacto do traballo que desenvolvemos como asociación.

Permitiunos ampliar a nosa visión en relación co valor que o proxecto de Aspanaes ten na comunidade e a súa enorme repercusión no conxunto dos grupos de interese.

Destacar así mesmo, como este proceso de contabilidade social permitiunos monetizar, desde unha perspectiva non só económica senón tamén social e emocional, o valor achegado por Aspanaes, proporcionándonos con iso unha ferramenta de comunicación directa, eficaz e comprensible para todos. Constatando ao mesmo tempo algo que aínda que intuïamos, careciamos ata o de agora dun instrumento de medición que o avalase.

3.- Tan importante é realizalo como visibilizalo. Que ferramentas utiliza ASPANAES para dar coñecer a súa Contabilidade Social tanto a nivel interno como externo?

Os resultados do proceso de contabilidade social difundiranse a todos os grupos de interese a través da nosa páxina web e redes sociais. Así mesmo, incluiranse os resultados na elaboración da Memoria Anual da Entidade e daráselle difusión mediante as canles de comunicación interna. É algo do que estamos orgullosos e así queremos contalo. Foi e é un esforzo de toda a organización e os seus integrantes.

Voltar