blanqueo capitalesAlgalia organizou estas semanas un curso en PREVENCIÓN DE BRANQUEO DE CAPITAIS E FINANCIAMENTO DO TERRORISMO PARA DIRECTIVOS dirixido ao persoal do Negocio de Asesoría, tanto do Servizo Económico como Laboral. Tamén se beneficiaron da formación, impartida por Coreplus, os membros de Administración e do Consello Reitor da entidade.

O obxectivo do mesmo é adquirir os coñecementos e habilidades para a implementación da Lei 10/2010 de Prevención de Branqueo de Capitais e Financiamento do Terrorismo, na prestación de servizos de asesoría fiscal, laboral e contable. En concreto, os participantes coñeceron as políticas e procedementos de PBC&FT aplicables neste sector, e capacitáronse para a execución de medidas de dilixencia debida, detección de operacións sospeitosas de branqueo, comunicación de operacións sospeitosas ao Órgano de Control Interno, exame especial e comunicación de operacións sospeitosas ao Sepblac.

Para o responsable do Servizo de Asesoramento Económico en Algalia, Jorge Rodríguez, este curso permitiralles, ademais de coñecer a normativa básica á que están obrigados como asesoría, “ter un maior contexto sobre esta normativa para axudar aos clientes que son entidades sen fin de lucro a coñecela e cumprila, do mesmo xeito que Algalia.”

O curso, no que participaron un total de vinteseis compañeiros, tivo unha carga lectiva de 33 horas, estruturada en sete unidades didácticas.

 

 

 

 

Voltar