Este martes, 24 de febreiro, deu comezo a décima edición do programa VIRADA Liderado, coa participación de nove entidades da economía social galega.
En concreto, vinte persoas vencelladas ao cooperativismo e ao terceiro sector de acción social formarán parte as próximas semanas da proposta formativa de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA, para desenvolver e fomentar o liderado en entidades de economía social.
As entidades participantes desta edición son:
1. ACOUGO
2. ALENTO, Asociación de Dano Cerebral
3. Algalia/Xegalia
4. ANDAINA, PRO SAÚDE MENTAL
5. ASOCIACIÓN ASPROMOR
6. ASOCIACIÓN MALUMA – O GROVE
7. COGAMI, CONFEDERACIÓN GALEGA DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE
8. EVD GALICIA
9. MAIER FERROPLAST
O propósito de VIRADA Liderado é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.
O programa, que finalizará en xullo de 2026, estrutúrase a través de encontros presenciais nas instalacións de Laias Caldaria Hotel Balneario, con obradoiros sobre escoita activa e as emocións, xestión do cambio e a aprendizaxe, así como sesións sobre a toma de decisións e o traballo en equipo, entre outros.