Nos procesos de consultoría ou de acompañamento, os consultores atopámonos habitualmente con aceleradores gastados, rodas picadas nos equipos, motores desaxustados, profesionais sen luces longas, e nesas derrapaxes os consultores sufrimos desgastes, nos desaxustamos, facemos ruídos … e outras circunstancias que requiren que de cando en vez paremos para facer unha revisión.
Esta revisión que realizamos da man da asociación DHO (Comunidad de Práctica y Aprendizaje para el Desarrollo Humano y Organizacional), nunha fin de semana moi intensa en Sedano (Burgos), serviunos para tomar conciencia, darnos feedback e sobre todo facer emerxer aprendizaxes significativas no desempeño da consultoría de maneira fluída e en compañía doutros compañeiros do “parque móbil”.
Quedo con moitas cousas desa ITV, pero en min segue ecoando unha frase que me conectou quizais coa miña día a día: Non presumas de cabalos, presume de freos”
Miguel Barbosa
Socio Responsable do área de Consultoría de Algalia Servizos para a economía social