Nesta ocasión querémonos facer eco dun evento que nos parece que pode ser de moito interese para todos aqueles que estades vinculados dalgunha forma co sector da economía social e das novas economías. O organiza UGACOTA, Unión de cooperativas de traballo asociado de Galcia, en colaboración co Concello de A Coruña.
Trátase do seminario de Oportunidades de Emprego a través da Economía Social e das Novas Economías que terá lugar o día 16 de nadal no Centro Cívico Os Mallos de A Coruña, entre as 9.30 e ás 19.30 h.
O seminario é gratuíto e podédesvos inscribir aquí. Paréceme que ten un programa moi suxestivo.
Algalia S. Coop. Galega, pertence a UGACOTA e por tanto apoia o fomento da economía social e das novas formas de economía que están a emerxer.
Verémonos alí!
Celso Gándara Carnero
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector