O Programa VIRADA, é un programa que se centra no “cambio” nas organizacións. Para elo temos dous proxectos: Virada_EQUIPO e Virada_LIDERADO.
Mentres no primeiro o suxeito do cambio está no equipo, no segundo o suxeito de cambio son as persoas, especialmente aquelas que exercen o liderado dentro da organización. Moitas veces non prestamos moita atención a que somos nos mesmos a nosa principal ferramenta de traballo, dado que somos nós quen analizamos os problemas, identificamos solucións, mantemos numerosas conversacións que teñen impacto noutras persoas, tomamos decisións, nos relacionamos con outros,… En función do que somos e como estamos faremos de forma distinta e chegaremos a resultados distintos.
Como vimos facendo nestas últimas semanas, presentámosvos o proxecto Virada_LIDERADO, que queremos desenvolver a partir de febreiro de 2019. Esta formación para nos é moi especial….
……. deseñamos os contidos con moito mimo, para que realmente poda converterse nun espazo de crecemento profesional significativo.
……. continuamos despois da satisfación da segunda edición, na que participaron 14 persoas de diferentes organizacións da Economía Social.
…… seguimos contando coa colaboración de Ander Mimentza e Itziar Garay da Fundación EDE de Euskadi, que teñen a experiencia de facilitar proxecto Bidera homólogo de VIRADA, con 9 edicións.
….. buscamos un espazo, que rompa co día a día, e nos facilite o aprendizaxe, o encontro e o compartir.
….. para acompañar os procesos de cambio integramos formación experiencial, formación de contidos, coaching e un proxecto de mellora organizativo.
Se este proxecto te suscita curiosidade e interese, ¡falemos! Se tes claro que isto é unha oportunidade inscríbete!
Celso Gándara
Xerente de Algalia S. Coop.