Xa te podes inscribir en Virada_LIDERADO

O Programa VIRADA, é un programa que se centra no “cambio” nas organizacións. Para elo temos dous proxectos: Virada_EQUIPO e Virada_LIDERADO.

Mentres no primeiro o suxeito do cambio  está no equipo, no segundo o suxeito de cambio son as persoas, especialmente aquelas que exercen o liderado dentro da organización. Moitas veces non prestamos moita atención a que somos nos mesmos a nosa principal ferramenta de traballo, dado que somos nós quen analizamos os problemas, identificamos solucións, mantemos numerosas conversacións que teñen impacto noutras persoas, tomamos decisións, nos relacionamos con outros,…  En función do que somos e como estamos faremos de forma distinta as función enumeradas anteriormente.

Hoxe quero presentarvos  o proxecto Virada_LIDERADO, que queremos desenvolvelo a partir de febreiro de 2017. Esta formación para nos é moi especial….

……. deseñamos os contidos con moito mimo, para que realmente poda converterse nun espazo de crecemento profesional significativo.

…… contamos coa colaboración de Ander Mimentza e Itziar Garay da Fundación EDE de Euskadi, que teñen a experiencia de contar con proxecto Bidera homólogo de VIRADA, con 9 edicións.

….. buscamos un espazo, que rompa co día a día, e nos facilite o aprendizaxe, o encontro e o compartir.

….. para acompañar os procesos de cambio integramos formación experiencial, formación de contidos, coaching e un proxecto de mellora organizativo.

Se este proxecto te suscita curiosidade e interese, ¡falemos! Se tes claro que isto é unha oportunidade, inscríbete!

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar