O 19 e 20 de xaneiro de 2023, en Caldaria Laias, arrincou a segunda edición de VIRADA Profundización, o curso que dá continuación a VIRADA Liderado e que conta coa acreditación académica de Mondragon Unibertsitatea.

Unha vez rematado o curso VIRADA Profundización, as persoas participantes teñen a oportunidade de continuar o seu itinerario formativo no Máster de Coaching de persoas e equipos de Mondragon Unibertsitatea.

En si mesmo, o curso ten o valor de afondar nas competencias adquiridas en VIRADA Liderado, pechando, desta maneira, un ciclo de formación orientado ao desenvolvemento ou exercicio do liderado nas organizacións. Por tanto, pódese realizar, e recoméndase VIRADA Profundización sen que necesariamente se vaia a continuar co Máster

Que entidades participan na segunda edición?

Continúan a súa formación en VIRADA Profundización 10 persoas que participaron en VIRADA Liderado, e que son persoas con responsabilidades de dirección ou de xestión de equipos nas seguintes organizacións:

  1. ACEESCA. Entidade do Porriño que leva máis de 35 anos facilitando apoios a persoas con diversidade intelectual.
  2. AGACA. Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, que ten a súa sede en Santiago de Compostela.
  3. AIRA. Cooperativa Agroalimentaria de Taboada (Lugo), resultado dun proceso de integración cooperativa iniciado en 2018 e que supuxo a fusión nunha única entidade xurídica das cooperativas AGRIS, ICOS, COGASAR, COELPLAN y AIRA.
  4. ALENTO. Asociación con domicilio en Vigo e formada por persoas afectadas por un Dano Cerebral Adquirido, as súas familias, voluntarios e voluntarias, colaboradores e profesionais.
  5. AVELAIÑA. Asociación da Guarda (Pontevedra) que a través do seu equipo de profesionais, tenta guiar a persoas afectadas pola enfermidade mental na busca de certa claridade para alcanzar unha maior calidade de vida. De aí o nome de Avelaíña (bolboreta nocturna).
  6. EVD GALICIA. Entidade con centros en Mos e Crecente (Pontevedra) que ten como misión promover a dignidade de mulleres con discapacidade intelectual, facilitándolles apoios individualizados de calidade.
  7. LA RUECA. Asociación madrileña promovida por profesionais que traballa para aumentar a calidade de vida e o benestar das persoas máis desfavorecidas e vulnerables.
  8. XEROME. Asociación da Guarda (Pontevedra) que é un lugar para vivir a diversidade.

 

Que actividades inclúe o curso?

O curso comezou con este primeiro Obradoiro celebrado en xaneiro, e finalizará cun segundo obradoiro, os días 17 e 18 de marzo. Nos dous meses de traballo que abarca o curso, as persoas participantes realizarán as seguintes actividades:

  • 2 prácticas académicas de reflexión sobre lecturas programadas.
  • Compartirán aprendizaxes e avances en 2 comunidades de aprendizaxe autoxestionadas.
  • Dispoñerán de 2 sesións de coaching cos coachs que forman parte do Equipo VIRADA.

 

Lembra que, en este momento, VIRADA ten aberto prazo de inscrición ata o 17 de febreiro de 2023 nos seguintes programas:

Voltar