ALGALIA iniciou o acompañamento ás persoas participantes en VIRADA PROFUNDIZACIÓN, programa de desenvolvemento directivo ofrecido a entidades de economía social en colaboración con Fundación EDE e Mondragón Unibertsitatea.
O 24 e 25 de setembro de 2019 zarpou dende Arnoia Caldaria a primeira expedición de VIRADA PROFUNDIZACIÓN, na que participan 17 persoas con responsabilidades de dirección e coordinación de equipos de 11 organizacións distintas:
- A Mariña (Burela), Asociación de axuda ao enfermo mental.
- Alento (Vigo), Asociación de Dano Cerebral.
- Algalia (Vigo), S. Coop. Galega de Asesoría e Consultoría en Economía Social.
- AMICOS (Boiro), Asociación para a integración de integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e as súas familias.
- ASPERGA (A Coruña), Asociación Galega de Asperger.
- Nosa Señora de Chamorro (Narón), Asociación de Discapacidade Intelectual.
- EVD Galicia (Mos), de Muller e Discapacidade Intelectual.
- FIDIS (Santiago de Compostela), de Investigación Sanitaria.
- Fundación Gil Gayarre (Madrid), de Discapacidade Intelectual.
- San Xerome (A Guarda), Asociación de Discapacidade Intelectual.
- Vigo Convention Boureau (Vigo), Fundación Pública de Promoción Turística da cidade de Vigo.
O primeiro obradoiro de traballo foi facilitado por 3 dos 6 coachs que acompañan ás persoas participantes. Profesionais da Mondragón Unibertsitatea comezaron a súa colaboración con VIRADA nesta actividade.
As persoas participantes están agora inmersas no desenvolvemento de prácticas, equipos de estudo autoxestionados e sesións de coaching individual. O programa clausurarase o 19 e 20 de novembro, co segundo obradoiro de traballo en Arnoia.
Con este programa as persoas participantes nas edicións 2017, 2018 e 2019 de VIRADA LIDERADO poderán completar a súa formación e estar en condicións de acceder ao Máster en Coaching de Persoas e Equipos .
Para máis información, premer aquí.
David Pereiro
Socio Consultor en Algalia. Responsable do Programa VIRADA Liderado