Hoxe queremos facernos eco dunha experiencia distinta que organiza EVD Galicia e que creemos que pode ser moi útil para vós.
Que é AIREA?
Os Airea son espazos inclusivos de aprendizaxe. Isto significa que aprendemos xuntas persoas con distintas experiencias e diferentes necesidades. Airear é preparar a terra que se quere cultivar. Queremos crear xuntos comunidades que funcionen ben para todas as persoas.
Por que creamos os AIREA?
John O´Brien pregúntanos Que máis é posible? Como podemos apoiar individualmente ás persoas para que vivan en comunidade unha vida plena?
Creemos que esta resposta depende en gran medida da calidade da comunidade.
Creamos os AIREA para mellorar conscientemente as comunidades, para xerar un espazo de reflexión e mellora para todas as persoas.
Como se constrúen os AIREA?
Tres craves: Equipos diversos, avanzar con preguntas, aprender facendo. Os AIREA desenvólvense en espazos residenciais durante dous días consecutivos.
Estes dous días están deseñados dunha maneira sinxela e acolledora.
Non é fácil de explicar, xa que din que hai que vivilo. Aquí van uns intentos de explicalo:
- Cóntanolo Ester Ortega, de Fundación TÚA. Ver vídeo.
- Cóntanolo Leví Oliveirais, de EVD Galicia. Ver vídeo.
- Cóntannolo varias persoas da experiencia de AIREA Bérriz (Euskadi). Ver vídeo.
Máis información Picar aquí
Felicidades a EVD Galicia por traer esta iniciativa.
Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector