Na primaveira de 2021, dende Algalia tomouse a decisión de mellorar a dixitalización nos servizos económicos, facilitando o uso compartido entre o equipo profesional e os clientes dos seus “entregables” fiscais e contables, é dicir, das súas declaracións de impostos, así como dos seus libros e contas anuais.
Para iso, Algalia contou cos seus partners dende hai casi vinte anos, Wolters Kluwer España (WKE) e Landín Informática, para instalar as súas aplicacións a3 en tódolos servizos económicos e sociolaborais.
Na súa política de incorporar servizos á nube, WKE creou a aplicación A3doc CLOUD. Na actualidade, esta aplicación permite que, en tempo real, cando dende Algalia se presenta, por exemplo, un modelo fiscal de calquera organización cliente, ésta coñece dita presentación e pode vela ou baixala de modo seguro, así como dispoñer dela 24 horas os sete días da semana. Fai a función dun disco duro na nube fiscal e contable.
No verán de 2021, dende Algalia comezamos unha tarefa ímproba de comunicación cliente a cliente para explicarlles as vantaxes que, sen coste adicional, tería contar cunha caixa de correo propio en A3doc CLOUD. En setembro de 2022 podemos congratularnos de que un 50% dos nosos clientes está usando xa esta aplicación na nube, á espera de que o resto o faga pronto tras coñecer as múltiples vantaxes que aporta á súa xestión diaria.
O noso obxectivo é chegar ao 100% en 2023, porque aquí, gañamos todos.