O Tribunal Supremo cambia a súa doutrina sobre o inicio do período de disfrute dos permisos por matrimonio, nacemento de fillo e falecemento de familiar, pasando a ser desde o primeiro día laborable.

O interese da sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Supremo o pasado 13 de febreiro, radica na fixación da data de inicio do período de disfrute dalgúns permisos regulados no art. 37.3 da Lei do Estatuto dos traballadores e tamén no convenio colectivo que é obxecto de litixio neste caso e é o regulador das actividades de Contact Center (antes telemárketing), en concreto con ocasión de matrimonio, nacemento de fillo e falecemento de familiar.

Para a Sala, a conclusión á que debe chegarse a partir da redacción dos artigos legais e convencionais é que o permiso, ou o que é o mesmo, faltar ao traballo por unha causa xustificada, debe levarse a cabo en día laborables, “pois en día festivo non fai falta” (solicitar o permiso, porque non se traballa). Por iso, o primeiro día de permiso nos supostos contemplados nos artigos do convenio obxecto do litixio debe ser o primeiro laborable que siga “(ao) día en que se produce o feito que xustifica o permiso”, si este non é día de traballo no calendario do traballador.

Trátase dunha sentenza que resolve a problemática suscitada por un caso concreto, pero que sen dúbida é extrapolable a calquera caso en que se debata sobre a data de inicio do goce dun permiso “con dereito a retribución”, de tal maneira que, en todos eles, e non só en supostos como as listaxes nos apartados a) b) e d) do convenio colectivo axuizado, o primeiro día de disfrute deberá ser laborable.

Aínda que esta sentenza non constitúe xurisprudencia, todo apunta a unha confirmación xurisprudencial en breve e a que os xuíces ou maxistrados dos Xulgados menores apliquen xa esta doutrina.

Marta Armada
Socia coordinadora equipo laboral de Algalia S. Coop.  

 

Voltar