VIRADA vai de adestramento, de practicar, de probar para mellorar o teu liderado. E o traballo empeza, coma sempre, polo recurso que se ten máis a man: a persoa dunha mesma.
Nesta ocasión compartimos un material elaborado por Isabel Fernández, do Equipo BIDERA de FUNDACIÓN EDE, o noso programa irmán en Euskadi. Eskerrik asko!
Isabel explícanos que é a Atención Plena (Mindfulness), unha maneira de tomarnos un respiro e recuperar o noso centro.
“Se aspiramos a liderar a outros, é esencial aprender a liderarnos a nós mesmas e neste terreo a Atención Plena pode xogar un papel importante.
Mindfulness, tamén coñecido como conciencia plena ou atención plena, é unha actitude de prestar atención aos acontecementos da vida no momento presente con aceptación e interese no que está a suceder.
Mindfulness é unha habilidade. E a meditación é a técnica para desenvolver a habilidade da atención plena. A orixe está na meditación vipassana (observación dos estados cambiantes da mente). Meditación non é relaxación, é estar co que hai no agradable e desagradable. Fácil de dicir, complicado de facer, pola cantidade de estímulos da contorna. A dificultade para concentrarse prodúcese pola infinidade de distraccións. A desorientación e perda de foco: todo reclama a túa atención e desvíate da túa Visión”.
Anímaste a practicar unhas respiracións? Con este audio serache máis sinxelo.
Se desexas afondar máis, convidámosche a ler este breve documento: Atención plena
Boa reflexión, e boa sorte!
Se te animas a compartir a túa reflexión farás un agasallo para as persoas que visitan a web de ALGALIA. Escoitámosche de forma sublime. Anímate a comentar!
Equipo VIRADA. Ander, Itzi, Celso, Begoña e David.
Hola. Me gustaria profundizar un poco mas en el tema. En el documento anexo se habla de unos videos y unas practicas para la respiracion consciente p.e.caminando, …etc.
Me podeis pasar info.
Muchisimas gracias!!!!
Muy buenas, Ana.
Mmmm… Atención Plena Peripatética (APP)… Mmmm…
Veo que quieres aprovechar tu paseo del 2 de mayo (crucemos los dedos de los pies) para ir un pelín más allá. ¡Interesante!
En breve me pongo en contacto contigo para seguir yendo más allá. ¡Eso está hecho!
¡Un abrazo!