Celso Gándara ocúpase da xestión interna e externa de Algalia, así como das relacións da entidade cos representantes do sector a nivel autonómico e estatal.

1.- Cal é o papel de Algalia para as entidades ás que lle presta servizo?

Algalia realiza unha labor de asesoramento na toma de decisión aos directivos das organizacións da economía social mediante unha carteira de servizos nos ámbitos económicos, sociolaborais e organizativos.

Entendemos que para realizar esta función compre trasladar ao seno de cada cliente toda unha serie de coñecementos especializados do sector da economía social e unha mirada externa, ampla e integrada do propio cliente.

2.- Como o seu principal voceiro público, que destacarías na evolución da súa presencia e visibilidade en foros de debate sectoriais nestes últimos anos?

A verdade é que estos últimos anos foron ricos en intensos en coñecemento de moitas organizacións, e dunha visión máis panorámica do sector e as súas empresas. Eu destacaría varios aspectos.

  1. Igual que as persoas, as organizacións teñen a súa personalidade e a súa identidade. Nun mundo tan global e, en moitos casos, competitivo, ser unha organización que desenvolva a súa personalidade e identidade é un factor de diferenciación que contribúe de forma notable aos resultados que se esperan acadar.
  2. A importancia das alianzas, das maridaxes organizativas, como forma de incorporar dentro da organización, novos coñecementos, novos instrumentos, novos usuarios, novos clientes, etc. As alianzas como motor de movilización e innovación social e organizativa.
  3. Por último, destacaría a dimensión social e de defensa duns intereses xerais ou de colectivos en particular que teñen as organizacións da economía social. Isto maniféstase ao través dos seus principios e valores. Lograr que, independientemente ao tamaño e da actividade económica que realice, se manteña.

3.- A que retos se enfronta a economía social en Galicia neste novo ano 2023?

Creo que este ano vai a estar moi influido pola execución dos fondos de recuperación, que gradualmente se van trasladando ao través tanto do Goberno de España como das Comunidades Autónomas. Con certeza non responden ás expectativas xeradas, pero na realidade de cada organización, seguro que para algunhas será unha oportunidade.

Neste ano tamén creo que existen oportunidades en determinados sectores, como a economía dos coidados, os productos agroalimentarios de proximidade, xestión de residuos e economía circular, etc.

Finalmente destacaría o labor de representación e incidencia política que, como sector, debemos xogar. Desde o lugar onde operan as organizacións, para moitas é unha labor difusa e, en moitos casos, de difícil visibilización, pero esta intermediación é un factor de crítico en todas aquelas sociedades e territorios onde a economía social ten un grao de desenvolvemento alto e maduro.

Voltar