Ana López forma parte do departamento de Administración dende a creación de Algalia.

O seu labor vencéllase á contabilidade e tesourería, formación bonificada, xestión con proveedores, LOPD … en resumo: prestar apoio a toda a organización interna de Algalia.

1.- Cómo era Algalia nos seus inicios, e qué diferencias aprecias hoxe en día?

Cando entrei en Algalia, a mediados de 1999, sentía moitos nervios e inseguridades pois aínda que antes traballara nalgún sitio, non estaba relacionado con este sector. A verdade é que, en pouco tempo, sentínme moi cómoda traballando cos cinco socios que naquel momento compartían oficina. Daquela eramos 6 persoas e aínda que os medios físicos non son os de agora (estabamos nun baixo, con tableiros que facían a función de mesa nalgún despacho, impresoras de agulla, con programas que co paso do tempo quedaron obsoletos…) sí que apreciei unha vinculación persoal que nalquel momento eu creía que non se podía conseguir a nivel laboral.

 Co paso dos anos, fóronse incorporando novos compañeiros e compañeiras, ata chegar a hoxe, que somos xa 24 persoas!. Aínda que estamos en diferentes equipos (económico, laboral, consultoría e administración) e nunca tratas o mesmo con uns que con outros, veño a traballar con mesma ilusión. É certo que agora hai moitos avances tecnolóxicos, e que o meu traballo cada vez está mais especializado, así que é algo mais a sumar ao equipo humano.

Polo camiño houbo momentos mellores e algún que outro non tan bo, pero se teño que botar a vista atrás nestes case 24 anos, en moitas lembranzas está Algalia presente, e síntome ben orgullosa de formar parte dela. 

2.- Cómo afectou a entrada das novas tecnoloxías na xestión administrativa?

 De forma moi positiva. A implantación en 2022 da ferramenta Office 365 permítenos traballar “en liña”, con xuntanzas vía TEAMS, aforrando tiempo e desprazamentos, compartir arquivos e carpetas necesarios para cada equipo, organizar o traballo dun xeito máis áxil e útil…

3.- Variou moito o perfil de clientes nestes anos?

Pois sí, aínda que a filosofía de Algalia sempre puxo o foco no terceiro sector, nos inicios, a nosa cartera estaba composta por clientes de diferentes perfiles, tanto personas físicas, como sociedades (anónimas, limitadas, comunidades de bens, etc.). Hoxe en día apostamos polas entidades de Economía Social.

Voltar