Por primeira vez en España, a Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (Coceta) reuniu este mes de xuño en Sevilla aos máximos representantes do cooperativismo internacional, e a máis de 700 participantes procedentes dun centenar de países, para celebrar o Encontro Mundial do Cooperativismo. Unha cita auspiciada pola celebración da Asamblea Electoral da Alianza Cooperativa Internacional (ACI), que tivo lugar neste mesmo espazo.

Baixo o lema Cooperativas: o momento é agora,, políticos e empresarios, así como dirixentes das patronais e cooperativas, puxeron sobre a mesa valores como a sustentabilidade, a igualdade e a democracia social, para revisar o modelo da empresa cooperativa actual e posicionarse ante os retos sociais e económicos de futuro que plantexa un mundo en crise.

Como evento apoiado pola Dirección General del Trabajo Autónomo, a Economía Social e a RRSS das Empresas do Ministerio de Trabajo y Economía Social, o acto institucional foi inaugurado pola vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Trabajo y Economía Social, Yolanda Díaz, quen puxo en valor a forza transformadora das empresas cooperativas.

Máis de 4.000 cooperativas teñen a súa sé en terras andaluzas, delas o 80% son cooperativas de traballo asociado, e moitas son de longa tradición. Por iso, cooperativas como COVAP, a Cooperativa Gandeira do Val dos Pedroches, e COVIRÁN, adicada á distribución alimentaria, compartiron a súa experiencia nun dos obradoiros do evento.

Máis información neste enlace.

 

Voltar