Ata o 30 de xuño de 2022 seguirase aplicando o tipo de IVE do 0% a calquera compra (nacional,  intracomunitaria ou importación) de bens necesarios para combater os efectos do COVID-19 (que figuren no Anexo que acompaña ao  RDL 7/2021, por exemplo máscaras, luvas, proteccións faciais, monos, etc.).

Este tipo de IVE poderá ser aplicado nas compras realizadas por entidades públicas pero tamén por entidades sen fin de lucro que se consideren entidades de carácter social conforme á normativa do IVE (artigo 20.Tres da Lei 37/1992).

Lembramos que esta condición adquírese de maneira automática por aquelas entidades sen fins de lucro (asociacións, federacións, confederacións, fundacións) que presten servizos de asistencia social, servizos deportivos ou outros servizos de interese cultural (tal e como se definen no artigo 20.Un apartados 8º, 13º e 14º da Lei 37/1992).

Para coñecer os requisitos necesarios recomendámosvos que consultedes a anterior publicación respecto diso aquí.

En calquera caso, desde Algalia estamos ao dispor dos nosos clientes para calquera dúbida no teléfono 986 379 587 ou no correo [email protected].

 

Voltar