Relación entre o poder político e o técnico nas organizacións do terceiro sectorA crise está tensionando as xa de por si complexas relacións entre o poder político (Xuntas directivas, Padroados…) e o poder técnico (Direccións, Xerencias, Coordinacións…). Algalia participa en foros de reflexión sobre este asunto e facilita aos seus clientes procesos de cambio neste ámbito.

Seminario: La relación entre el Poder Político y el Poder Técnico en las ONL

La Plataforma de ONG de acción social organiza o 16 de maio de 2012 na sede da Fundación ONCE en Madrid este seminario, que está dirixido a persoas integrantes de Xuntas directivas e Equipos directivos de ONL.

O obxectivo do seminario é determinar os roles ou competencias necesarias que corresponden ao nivel Técnico e Político; tomar conciencia da necesidade do equilibrio e complementariedade das miradas política e técnica no Terceiro Sector; e identificar os diferentes paradigmas, modelos organizativos e estratexias de intervención para a mellora da interacción entre o nivel técnico e o nivel político en entidades non lucrativas.

David Pereiro, consultor de Algalia, moderará una mesa redonda de experiencias na que participarán Yolanda Besteiro (Presidenta da Fundación de Mujeres Progresistas), María Entrecanales (Presidenta de Fundación Balia), Paulino Azúa (Exdirector de FEAPS) y Paz Casillas (Directora da Fundación Atenea).

Algalia colabora con ASPABER y Autismo Burgos .

ASPABER confiou en Algalia para colaborar durante os meses de abril e xuño na elaboración do seu Manual de organización interno. Dentro da sistemática de traballo para a elaboración deste documento, Algalia facilitará o deseño e a transición a un novo modelo de dirección dentro da entidade.

Autismo Burgos segue avanzando na estratexia de aliñamento de todos os seus recursos coa misión. Algalia colabora coa entidade no 2012 facilitando a reflexión e converxencia das súas persoas sobre os referentes éticos da entidade; realizando a avaliación intermedia da súa planificación estratéxica (2011-2014); e axudando á súa Xunta directiva e Equipo de dirección a definir e optimizar os procesos de dirección na entidade.

David Pereiro
Socio consultor de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar