VIRADA EMOCIÓNS

VIRADA Emocións está deseñado para axudarche a desenvolver unha maior conciencia das túas emocións. A través dunha combinación de traballo persoal e grupal, explorarás como inflúen na túa vida diaria e como convivir con elas.

Está dirixido a persoas interesadas en explorar e profundar  nas súas emocións, a persoas que acompañan a outras persoas tanto nos teus proxectos de vida como no seu desenvolvemento profesional.

Entre os obxectivos de VIRADA Emocións atópanse recoñecer o valor do mundo emocional como un parte integral da vida en comunidade, aprender a interpretar as emocións e comprender o seu impacto, e desenvolver a capacidade de autorregularse emocionalmente sen caer na desconexión ou a racionalización excesiva.

O programa consta de diferentes espazos de aprendizaxe:

  • Obradoiros vivenciais.
  • Obradoiros de contido sobre emocións.
  • Tarefas de reflexión entre encontros .
  • Xeración de comunidades de aprendizaxe.

 

Mais información

Inscrición

  • O prazo de inscrición termina o mércores, 17 de setembro de 2025.
  • Miguel Barbosa [email protected] 637482484