Programa Virada

Coaching persoal e equipos

En VIRADA entendemos as organizacións como realidades vivas nas que as persoas, os equipos e a propia organización como tal, interactúan sistemicamente. Desde este paradigma, e coa contribución do coaching, ofrecemos acompañamento a persoas, equipos e organizacións para facilitar o logro dos seus resultados.

  • VIRADA ofrece acompañamentos de coaching a persoas abertas a procesos de aprendizaxe que lles sirvan a resolver as dificultades ou enfrontar os retos que se lle presentan no exercicio do seu liderado.
  • VIRADA ofrece acompañamentos de coaching a equipos de recente creación, ou de extensa traxectoria, que queiran reflexionar, xerar pensamento crítico e estimular diferentes puntos de vista para dispoñer de máis posibilidades para o seu crecemento e incremento do seu desempeño.

 

O noso equipo de coachs

David Pereiro. Coach de persoas e equipos.

É responsable do Programa VIRADA, consultor de estratexia e  coach na área de Consultoría de ALGALIA.

Facilita procesos de planificación estratéxica, elaboración e avaliación de proxectos para entidades de economía social e administracións públicas.

É educador social, licenciado en Filosofía (USC), Posgrao en Programas de Intervención Familiar (UDC), Máster en consultoría e xestión de procesos de desenvolvemento  organizacional (Universidade de Valladolid), Máster en  coaching de persoas e equipos (Mondragon  Unibertsitatea) e Posgrao en  coaching de equipos (Mondragon  Unibertsitatea).

[email protected] / 687879414

Begoña Suárez. Coach de persoas e equipos.

É xerente da Asociación  AMIPA desde 2009 e colaboradora de ALGALIA como  coach desde 2018.

Desenvolveu o seu labor profesional na administración local e como  formadora en diversos cursos relacionados co ámbito xurídico e social, na administración local e en entidades non lucrativas.

Licenciada en Dereito (USC), Máster en Dirección e Xestión de Centros, Recursos e Servizos para a Atención á Dependencia (USC), Máster en  coaching de persoas e equipos (Mondragon  Unibertsitatea) e Curso de experto en  coaching de sistemas  relacionais e de equipos (Mondragon  Unibertsitatea).

[email protected] / 628378699

María José Nóvoa.  Coach de persoas e equipos.

É directora Técnica Xeral-Xerente da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” desde 2009 e colaboradora de Algalia como coach desde o 2021.

Desenvolveu o seu laboral profesional como Animadora Socio-Cultural, Traballadora Social, Responsable de Calidade e Directora de Centros de Rehabilitación, Pisos Protexidos e Residencia desde que iniciou a súa andaina profesional en 2001.

Voluntaria e  formadora, é Diplomada en Traballo Social (Universidade de Vigo), Máster en Formación, Xestión e Dirección en Autonomía, Dependencia e Discapacidade (UNED), Máster en Xestión, Intervención e Rehabilitación Psicosocial en Saúde Mental (UNED), Máster en Intervención con Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero, Titulación Universitaria en Igualdade de Xénero (Instituto Europeo de Estudos Empresariais) e Máster en Coaching de Persoas e Equipos (Mondragon Unibertsitatea).

[email protected]  / 658323312

Miguel Barbosa.  Coach de persoas e equipos.

É consultor de desenvolvemento organizativo, coach,  e responsable da área de Consultoría en ALGALIA.

Diplomado en Ciencias empresariais (especialidade de Recursos humanos) (UdeVigo), e Relacións Laborais (UdeVigo), Máster en coaching de persoas e equipos (Mondragon Unibertsitatea), Posgrao en  coaching de equipos (Mondragon Unibertsitatea), Máster en Calidade (INGAFOR),  Máster en Xestión Ambiental (INGAFOR) e Máster en Prevención de Riscos laborais (INGAFOR).

É formador en diferentes Máster e Cursos superiores de Calidade, prevención de riscos laborais, recursos humanos e  medioambiente.

[email protected]637482484

Celso Gándara.  Coach de persoas.

É xerente de ALGALIA e  coach.

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais (USC), Máster en  coaching de persoas e equipos (Mondragon  Unibertsitatea), Programa Superior en Dirección e Xestión de Cooperativas (Escola Negocios A Fundación), Posgrao en Dirección e Administración de organizacións non lucrativas ( UdeVigo) e Posgrao en Inserción Laboral de Persoas con Discapacidade (Fundación Paideia).

[email protected]687879412

 

Laura Ramírez.  Coach de personas e equipos.

É directora técnica en Alento, Asociación de Dano Cerebral desde o 2015, ademais de responsable e formadora da Escola DCA na mesma entidade. Desde o 2024, é colaborada de Algalia como coach.

Licenciada en Psicoloxía (UCM) con certificado de habilitación Sanitaria e Máster en sexología e terapia sexual, leva exercendo o seu labor profesional desde o 2005 ata a actualizade, sempre en ámbitos do terceiro sector.

Cursou o Máster en Coaching de persoas e equipos da Mondragon Unibersitatea e está acreditada como Facilitadora de Mindfulness pola International Practitioners of Holistic Medicine (IPHM).

[email protected] /667558299