Presentacións programa Virada Os días 27 e 28 de novembro, tivemos en Vigo e Santiago a presentación do programa VIRADA. Este, é un programa de fortalecemento do liderado de equipos de dirección de Centros Educativos que desenvolven a Fundación EDE e Algalia.

Nesta ocasión Escolas Católicas, entidade que agrupa os Centros concertados relixiosos de Galicia nos confiou a labor de abordar este reto dentro dos seus asociados. As presentacións do programa asistiron un total de 51 persoas representado a 29 centros. Nelas Ander Mimenza Coach e consultor da Fundación EDE, responsable do programa SARE en Euskadi e facilitador no Programa VIRADA abordou como lograr equipos que dende o afectivo sexan efectivos e orientados a calidade sendo cálidos.

A continuación David Pereiro Coach e consultor de Algalia, responsable e facilitador do Programa VIRADA informou da estrutura do programa, os destinatarios e a forma de participar.

Cada vez estamos máis convencidos que os límites de ferramentas organizativas como reflexións estratéxicas, sistemas de calidade, sistemas de competencias,…. se superan co desenvolvemento persoal e de equipos, que son o final os que deseñan e executan esas ferramentas dentro das organizacións. Para rematar gustaríame compartir algunhas frases ou reflexións, deses días, anotadas no me caderno:

  • “Un equipo de dirección traballado ten unha gran capacidade de contaxio na cultura organizacional”
  • “Responsabilicémonos nas nosas áreas de influencia dos temas que nos preocupan”
  • “Vivimos nun mundo de conversacións, prestemos atención as nosas competencias conversacionais como pancas de cambio”
  • “As emocións non solo condicionan as experiencias, senón que tamén definen o noso espazo de accións posibles a realizar nese momento”
  • “Non vemos o mundo que é, vemos o mundo que somos”

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar