O pasado 25 de febreiro, realizouse unha presentación do programa +INTEGRA, en FEAPS MADRID ante a presenza dun centenar de representantes de entidades de discapacidade intelectual.
O +INTEGRA é unha aplicación que nace dende as necesidades dos profesionais para que as persoas con discapacidade melloren a súa calidade de vida.
Por elo o +INTEGRA baséase nun modelo dende as persoas e para as persoas.
O +INTEGRA, trata de facilitar o traballo dos profesionais:
- Abordando os procesos clave nos que participan os profesionais da intervención nas organizacións a favor das persoas con discapacidade.
- Incrementa a dedicación dos profesionais as persoas, reducindo os tempos de xestión.
- Favorece o desenvolvemento profesional aliñando as metodoloxías na organización.
- Facilita a toma de decisións, tanto individuais como en equipo.
- Automatiza e sistematiza procesos de xestión.
Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector