Un total de 94 entidades de toda España participarán no programa “Sistema integral de apoios para el fortalecemento das organizacións”, organizado pola Confederación Plena Inclusión España, coa fin de implementar melloras a curto prazo cun impacto significativo no desenvolvemento das organizacións.
Plena Inclusión España confía en Algalia para acompañar os participantes nun dos eixos nos que se vertebra o seu contido, o Eixo de Xestión: Captación de fondos, Xestión orzamentaria e Xestión de persoas.
O obxectivo do programa, articulado sobre 5 eixos (TEA, Calidade, Ética, Xestión e TD) e 10 bloques temáticos, é acadar que un grupo de persoas heteroxéneas, de forma voluntaria e con alta motivación, dediquen tempo a cumprir un propósito nun periodo temporalmente curto ao través de propostas concretas incluidas na forma de traballo da organización.
Esta metodología de sprint de alto impacto poráse en práctica durante as 3 fases das que consta o itinerario implantado: autodiagnose, capacitación e acompañamento, aínda que esta última sólo beneficiará a 32 entidades.
Ao través destas se persegue:
- Ofrecer ás entidades un informe sobre a súa situación actual con relación aos 10 bloques temáticos
- Capacitar ás entidades membro en temas que melloren o seu desenvolvemento.
- Aportar ferramentas que favorezan a mellora organizativa e de procesos dentro das entidades.
- Impulsar accións de mellora concretas, tanxibles e que desenvolvan ás entidades nalgún dos bloques seleccionados.
O proxecto “Sistema integral de apoios para o fortalecemento das organizacións”, está organizado pola Confederación Plena Inclusión España, con cargo á asignación tributaria do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021.
Se desexas coñecer máis detalles sobre o mesmo podes seguir este enlace