Participación de Algalia na docencia do Máster de desenvolvemento organizacional da Universidade de Valladolid

Algalia, da man do seu socio consultor David Pereiro, participou como docente na VI edición do Máster en consultoría e xestión de procesos de desenvolvemento organizacional que organiza o Departamento de Sociología e Traballo Social da Universidade de Valladolid.

Algalia, que participou como docente no módulo de “Metodoloxías e técnicas de apoio á consultoría”, facilitou unha acción formativa sobre “Métodos de toma de decisións en grupo e análise de problemas”.

Os alumnos do Máster, na súa maior parte profesionais con responsabilidades de dirección en entidades do terceiro sector de acción social de España, traballaron unha proposta de abordaxe de problemas centrada en solucións, dende unha concepción constructivista das realidades sociais, un modelo de compresión sistémica das organizacións e unha toma de conciencia da importancia dos procesos comunicativos para a efectividade das organizacións no desenvolvemento da súa misión.

Esta acción docente enmárcase dentro do esforzo de Algalia por ofrecer aos seus clientes modelos e recursos de intervención de desenvolvemento organizacional tendentes a favorecer o desempeño profesional de persoas con responsabilidades directivas en entidades do terceiro sector de acción social e da economía social.

Miguel Barbosa
Socio Responsable da área de Consultoria de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar