En ocasións, para non enfrontarnos directamente ao que intuímos que non controlamos, abandonámonos aos brazos da seguridade que ofrecen realidades que temos a man, ou que vemos noutras organizacións.

Utilizando unha metáfora informática, no propósito de construír organizacións exitosas, confiamos no bo funcionamento do hardware que temos (Organigrama e estrutura organizativa, Orzamentos, Infraestruturas… ), ou do software que instalamos nas nosas organizacións (Sistema de xestión da calidade, Relación de postos de traballo, Manual de organización interna, Definición de postos e perfís, Plan estratéxico, Plan de acción… e moitas máis aplicacións, unhas  free e outras  Premium).

Seguindo a Jorge Drexler, hai tantas cousas…, pero eu só preciso dúas: “mi guitarra y  vos”. Ver vídeo. E aquí empeza a conxugación do plural: eu tocando, e vos inspirando ou escoitando, dando sentido.

Os procesos de profesionalización das organizacións vividos nos últimos anos no sector da economía social trouxeron moita tecnoloxía organizacional, e tamén moitas máis persoas máis participando. Son estas últimas, en relación coas tecnoloxías, as que crean espazos de crecemento e confianza, efectividade organizacional, nuns casos, ou infernos, ou  irrelevancia, noutros.

VIRADA Liderado e VIRADA Equipos son propostas para o desenvolvemento organizacional. No primeiro, participa a persoa cultivando o seu liderado. No segundo, participa o equipo para cultivar a súa efectividade.

Se consideras que non é o momento para embarcarse nunha VIRADA, bótalle un ollo a este vídeo…  Ver vídeo.

Boa reflexión e conxugación en plural.

 

David Pereiro. Responsable de VIRADA.

 

Voltar

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.