Buscamos asesor económico, quéreste sumar?

Aproveitando este medio, queremos comunicar que desde o área de asesoría de Algalia, na que se prestan servizos de asesoramento económico, laboral e xurídico a entidades pertencentes a economía social, xurde a necesidade de incorporar unha persoa o noso equipo de asesores. O proceso de selección ten por obxectivo o incremento de persoal no equipo de asesoramento económico situado en Santiago de Compostela.

Para iso buscamos unha persoa que se axuste o perfil de asesor económico que definimos no documento adxunto,  que se integre nun equipo humano que está comprometido cos principios e valores da economía social, que poida contribuír e achegar valor no desenvolvemento da nosa misión que é a de “mellorar a calidade da xestión e dirección no sector da economía social, xerando eficiencia e confianza a través de servizos especializados e integrais.”

Todas aquelas persoas interesadas, poden remitir os seus CV o correo [email protected]

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar