Un ano máis, a Secretaría Xeral de Emprego quere unirse ao festexo do “Día do cooperativismo” que ten lugar cada primeiro sábado de xullo. Así pois, as cooperativas galegas, e as persoas que traballan a prol do cooperativismo, poderemos asistir o vindeiro sábado 7 de xullo ao acto de celebración do Día do Cooperativismo Galego 2018 que terá lugar no Porriño, na sede da cooperativa Maier Ferroplast.
O día antes Algalia S. Coop. Galega participara da iniciativa de Portas Abertas, un xesto simbólico que quere reforzar e dar a coñecer o forte tecido do que está formado o cooperativismo galego.
Se queredes acompañarnos, vos agardamos. Aquí podedes inscribirvos.
David Pereiro
Presidente de Algalia S. Coop. Galega