Por segundo ano consecutivo, desde Algalia, Servizos para o terceiro sector  estamos desenvolvendo a Asistencia Técnica e Consultoría para o deseño de Proxectos de Emprendemento Sustentable, a nivel autonómico, que promove a Asociación Inserta Emprego e cuxa finalidade é impulsar a inserción laboral das persoas con discapacidade.

Este programa enmárcase no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), e no l Programa Operativo de Emprego Xuvenil, de ámbito plurirregional e correspondente ao período de programación 2014-2020.

Para iso Algalia ofrece a traves dos seus consultores especializados apoio técnico ás persoas con discapacidade para poder crear as súas propias empresas.

As principais actuacións de Algalia, neste proxecto son:

  • Valoración da do perfil emprendedor e construción do Modelo de Negocio: partindo dunha análise profunda da madurez de proxecto traballamos co emprendedor na construción ou perfeccionamento do modelo de negocio (proposta de valor, canles, clientes, aliados recursos,..), prestando asesoramento sobre os puntos a mellorar ou reorientar, e decidir a continuidade do proceso.
  • A construción do modelo de xestión en torno ao Plan Económico Financeiro: fase na que baixamos o modelo de negocio e determinamos a viabilidade do mesmo.
  • Elaboración do Plan de Negocio: como documento final que recolle todo o traballo realizado e que aglutina os elementos esenciais do proxecto e que servirá de base para a posta en marcha do e como carta de presentación ós distintos axentes que se queiran involucrar no mesmo.

Nesta segunda experiencia  estamos a abordar dez proxectos de emprendemento, dos cales nove son en Pontevedra, e un na Coruña. Entre as actividades que queren desenvolver ditos emprendedores predominan as do sector servizos (albergue turístico, servizo de taxi, gabinete psicolóxico, reparación de móbiles…) aínda que tamén nos atopamos algunha actividade de comercialización (tenda de conxelados…).

Todos os emprendedores teñen moitas características en común, unha delas é a ter unha discapacidade, pero unha vez máis a experiencia está demostrando que priman máis outras capacidades, como a súa ilusión e o compromiso co proxecto.

Ángel Rodríguez
Socio Consultor Económico de Algalia Servizos para a Economía Social

 

Voltar