Nova actualización do Ontimize +Integra

Xa está dispoñible unha nova actualización do Ontimize+Integra. Con esta nova actualización, soluciónanse problemas menores incorporando melloras que fan mais agradable e funcional a experiencia de uso.

Mellóralas funcionais contidas na nova actualización son;

  • Actualización do certificado do programa.
  • Ampliar a configuración dos permisos de acceso aos datos dos clientes.
  • Rexistro de horas en persoas contratadas; permitir definir un plan de traballo para a persoa contratada así como o rexistro das horas realizadas por parte das persoas.
  • Permitir definir os modos de entrega nas subvencións e nas xustificacións
  • Permitir definir estados nos obxectivos e nas actividades dun plan individual.
  • Xestión por códigos de cores do estado dos obxectivos e das actividades dun plan individual dun cliente
  • Incluír o estado do seguimento dentro dos plans individuais
  • Incluír os tipos de procedencia dos obxectivos

Esperamos que estas melloras axuden a mellorar a experiencia ontimize+Integra.

Miguel A. Barbosa
Socio Responsable do área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar