Coa aprobación da reforma fiscal e a entrada en vigor da Lei 26/2014, do 27 de novembro, pola que se modifican a Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, o texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de non Residentes, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2004, do 5 de marzo, e outras normas tributarias un dos primeiros cambios que se notarán será a modificación das retencións aplicables no pagamento a persoas físicas.
Os principais cambios aplicables nas retencións aplicables en 2015 e en 2016 -porque o próximo ano tamén se modificarán de novo- son os seguintes:
- Rendimentos do traballo: en xeral a orientación da reforma é poñer en disposición dos contribuíntes maior parte dos seus salarios e, polo tanto reducir, as retencións aplicadas. O sistema de cálculo mantense sobre a base dos parámetros de renda anuais previstos e da situación familiar e persoal.
- Administradores e membros dos Consellos de Administración: neste aspecto a nova normativa reduce a retención do 42% vixente en 2014 ao 37% en 2015 e ao 35% en 2016. No caso de pequenas sociedades con cifras de negocios inferiores a 100.000 euros anuais permítense retencións do 20% en 2015 e do 19% en 2016.
- Rendimentos de actividades profesionais: pásase, no caso de retribucións de carácter xeral, do 21% en 2014 ao 19% en 2015 e ao 18% en 2016 -tamén se aplicaría esta escala en caso de cursos, conferencias, seminarios… -. Mantense o caso especial do 9% para novas altas e o do 15% -creado en xullo de 2014- para profesionais en situacións moi concretas -volume de ingresos e dependencia sobre o total de ingresos-.
- Rendimentos do capital mobiliario: neste caso a retención aplicable con carácter xeral aos rendementos obtidos por intereses, dividendos, fondos, etc, pasan do 21% en 2014, ao 20% en 2015 e ao 19% en 2016.
- Rendimentos do capital inmobiliario: a variación de retencións é similar á do grupo anterior, pasando do 21% en 2014, ao 20% en 2015 e ao 19% en 2016.
No siguiente link da AEAT pódese obter información máis completa e actualizada do cambio en retencións.
Jorge Rodríguez
Socio responsable do área de Asesoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector