Novos ámbitos, novos servicios, novos desafíos: Coaching de EquiposDerivado da aplicación do noso plan estratéxico 2014-2016 xurdían dúas accións estratéxicas con forza e que hoxe vos queremos anunciar e presentar. Unha era a de ir incorporando novos servizos que respondan ás necesidades sentidas polas organizacións de economía social, na situación actual. A segunda era, ir tecendo unha rede de alianzas, con organizacións de referencia no ámbito da economía social, que nos permitise consolidar a nosa proposta de valor aos nosos clientes.

Algalia S. Coop Galega e a Fundación EDE estableceron un acordo polo cal Algalia desenvolverá en Galicia un programa de fortalecemento do liderado de equipos de dirección, baseado en metodoloxías de Coaching de equipos. A adaptación galega do devandito programa chámase VIRADA, e está baseado na experiencia que a Fundación EDE ten en Euskadi con máis de 4 edicións.

Dende Algalia cremos que o desenvolvemento de equipos é unha das pancas do cambio para lograr organizacións de calidade e calidez e organizacións efectivas e afectivas.

Esta alianza concrétase no lanzamento do programa VIRADA no ámbito de dúas organizacións que agrupan diferentes entidades do ámbito educativo. Tanto Escolas Católicas, organización que agrupa aos centros educativos católicos, como UCETAG, Unión de cooperativas de Ensino de traballo asociado de Galicia, confiaron no programa VIRADA para que os seus afiliados desenvolvan as competencias necesarias para mellorar os resultados dos seus equipos de dirección.

Dende Algalia, queremos agradecer a todas as persoas e organizacións que confiou en nós para facer este proxecto realidade. Ao mesmo tempo sentímonos con enerxía para continuar pola senda que nos marcamos e tratar de seguir ofrecendo servizos que melloren a xestión e a dirección das organizacións da economía social.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar