A nova norma ISO 9001:2015O proceso de revisión da norma ISO 9001 inicia a súa fase final, despois de que o pasado 3 de xuño se publicara o borrador da ISO 9001:2015, elaborado polo comité técnico ISO/TC 176 responsable de elaborar as normas da ISO 9000 e complementarias.

Seguindo a planificación prevista, o FDIS (borrador final) publicarase en novembro de 2014 para poder publicar definitivamente a nova versión da norma no outono do ano 2015.

Considerando que os cambios introducidos en 2008 respecto de a norma de 2000 foron moi limitados, a nova versión da norma parece que vai incluír importantes modificacións concibidas para:

  • Incluír os avances tecnolóxicos e de xestión acaecidos dende o ano 2000
  • Seguir sendo xenérica e aplicable a calquera organización de calquera sector
  • Manter o foco na capacidade do proceso produtivo para cumprir coas especificacións do produto ou servizo
  • Incrementar a compatibilidade con outros sistemas de xestión
  • Simplificar a linguaxe utilizada para facilitar a súa comprensión e aplicación

Algúns dos cambios concretos que se aveciñan incluirán, probablemente, aspectos como:

  • O termo “produto” será substituído por “bens e servizos”.
  • Incluiranse 2 novas cláusulas relativas á contorna no cal opera a organización: unha relativa á comprensión da interacción entre a organización e a súa contorna; unha segunda, relativa á comprensión das necesidades e expectativas das partes interesadas.
  • Os termos “documentos” e “rexistros” se substituirán polo termo “información documentada”.
  • O control de bens e servizos externos ampliará o seu campo de aplicación a todos os posibles bens ou servizos externalizados.
  • O termo “mellora continua” será substituído polo termo “mellora”.

Deixando un lado os cambios puramente “nominais”, merece a pena analizar con maior detemento o relativo ao contexto da organización e ao control de bens e servizos externos.

Control de bens e servizos externalizados.

A ninguén se lle escapa que a externalización de parte (ou do total) dos procesos produtivos ou de apoio das organizacións é algo cada vez máis presente. Dende a xestión dos recursos humanos ou a xestión informática ata procesos puramente produtivos ou de apoio, como o transporte ou o almacenamento. Hoxe día non hai practicamente unha soa organización que non subcontrate ou externalice partes do seu proceso, e en moitas ocasións trátase de partes absolutamente críticas para garantir a calidade final dos bens e servizos ofrecidos.

Para dar resposta a esa situación, a nova versión ISO 9001:2015 afonda na obriga de considerar a todos os provedores de bens e servizos como parte do sistema de xestión da calidade coa obriga de adoptar un enfoque baseado na avaliación do risco para determinar o tipo e o alcance dos controis adecuados a cada provedor externo e toda externalización de bens e/ou servizos.

En resumo, aínda que analizando a versión borrador do comité e non a versión final, cabe dicir que se aveciñan cambios significativos que haberá que considerar para adaptar os sistemas existentes aos novos requisitos na ISO 9001:2015.

Miguel Barbosa
Socio responsable do área de Consultoría  de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar