A Nova Lei do Voluntariado

Publicouse a Lei 45/2015, de 14 de outubro, de Voluntariado (BOE de 15 de outubro de 2015) con entrada en vigor o pasado día 16 de outubro de 2015.

Aspectos relevantes para o sector non lucrativo:

Tendo en conta sempre que non derroga a normativa autonómica en materia de voluntariado (ver artigo 2), da súa ampla regulación, ademais da regulación de dereitos e deberes (artigos 10 a 12), pode resaltarse:

  1. A definición concreta do voluntariado, deslindando figuras afíns como os traballos de colaboración social, as bolsas con ou sen prestación de servizos ou as prácticas non laborais, ou a regulación do voluntariado do persoal laboral dunha entidade na propia entidade (artigo 3, en relación con artigos 8 e 9),
  2. A existencia de ata 9 ámbitos de voluntariado, ademais do social (artigo 6)
  3. Os contidos dos programas de voluntariado (artigo 7) e a regulación das entidades de voluntariado (artigos 13 e 14)
  4. O papel que deben ocupar as empresas (artigo 21), universidades (artigo 22) ouadministracións públicas (artigos 17 a 20) no marco da acción voluntaria, ou
  5. A acreditación e recoñecemento das actuacións de voluntariado, por medio de certificación con expreso recoñecemento das competencias adquiridas polo voluntario de conformidade coa normativa xeral de recoñecemento das competencias adquiridas por experiencia laboral ou por vías non formais de formación (artigo 24)

Para saber máis no seguinte link.

Santiago Míguez
Responsable do Servizo Xurídico de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

 

Voltar