A tarifa reducida de 500 € para novos contratos indefinidos é a medida estrela aprobada en 2015 para incentivar a contratación de empregados, especialmente entre as pequenas e medianas empresas, autónomos e emprendedores.
Esta nova axuda vén a substituír á anterior Tarifa plana de 100 €, que entrou en vigor no ano 2014 e cuxo vencemento será o 31 de marzo de 2015, polo que ambas as dúas medidas convivirán durante o mes de marzo.
Esta nova tarifa é unha bonificación/redución polo que estarán exentos de cotización por continxencias comúns os primeiros 500 € do soldo de cada traballador contratado de modo indefinido a xornada completa. Se a contratación é a tempo parcial e, a xornada sexa polo menos o equivalente ao 50% da xornada dun traballador a tempo completo, a contía reducirase de forma proporcional á xornada que teña o traballador. Desta forma, a nova tarifa supón unha rebaixa progresiva do custo laboral por cotizacións sociais na parte que aboa a empresa.
Poden acceder á axuda á contratación calquera empresa, persoa física ou xurídica, sen restricións de tamaño, facturación, número de empregados ou sector.
A axuda será durante os 24 meses seguintes á contratación. Se a empresa ten menos de 10 traballadores, a axuda ampliarase durante outros 12 meses máis, aínda que a exención, neste novo prazo non será do 100% se non do 50%. É dicir, estarán exentos os primeiros 250 € ou a contía proporcionalmente reducida que corresponda nos supostos de contratación a tempo parcial.
A medida estará vixente, en principio, por un prazo de 18 meses, polo que estará en vigor ata agosto de 2016.
Ao igual que na Tarifa Plana, as empresas deben cumprir certos requisitos para poder acceder a esta tarifa reducida:
- Estar ao corrente do pagamento das súas obrigas con facenda como coa seguridade social.
- A contratación de novos empregados debe supoñer un incremento de emprego neto e indefinido. Para calcular o devandito incremento tomarase como referencia a media diaria de traballadores que prestasen servizos na empresa nos 30 días anteriores á celebración do contrato.
- Manter durante 36 meses tanto o nivel de emprego indefinido coma o emprego neto alcanzado. Caso de non cumprir, a empresa ou empregador, deberá devolver o importe bonificado. Se se incumpre no primeiro ano deberá devolver a totalidade da redución de cotas. A partir do segundo ano deberá devolver a parte proporcional aos meses transcorridos.
- Para acceder a esta, a empresa non poderá ter levado a cabo despedimentos colectivos, obxectivos ou disciplinarios improcedentes nos seis meses anteriores á contratación.
- Tampouco se poderá aplicar á contratación de traballadores que tivesen estado contratados na mesma empresa mediante un contrato indefinido nin noutras empresas do mesmo grupo, se é o caso.
Para a aplicación desta non será necesario que o traballador cumpra ningún requisito especial, nin por idade nin por situación previa, como puidese ser o desemprego.
Está tarifa será compatible con certas axudas xa existentes como a de mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ou co Programa Especial de Activación para o emprego.
Rafael Carrasco
Socio asesor laboral de Algalia