Antes de final de ano, estará dispoñible unha nova actualización do Ontimize+Integra. Con esta nova actualización, soluciónanse problemas menores vinculados principalmente cos accesos directos xerados por java, e incorpóranse importantes melloras funcionais que dan resposta algunhas das demandas que solicitastes.
As melloras funcionais contidas na nova actualización son;
- Incorpórase a nova funcionalidade de intervención con clientes, o que nos permite rexistrar tanto intervencións individuais como grupais, indicando a orixe da mesma ( relacionado con algún obxectivo, actividade do seu plan individual, cunha incidencia..etc…)
- Incorpórase unha nova funcionalidade de control de asistencia dos clientes, que nos permite de maneira áxil, levar un rexistro de clientes aos servizos.
- Mellorouse a administración farmacolóxica, incorporando un despregable, que nos permite seleccionar o fármaco.
- Mellorouse o rexistro de incidencias xerais de clientes, podendo asignar directamente o campo responsable a un profesional.
- Incorporouse unha nova funcionalidade que nos permite crear os calendarios laborais e asignalos aos traballadores.
- Incorporouse unha nova funcionalidade, que permite en función das horas efectivas anuais asignadas a cada traballador, e o seu horario, si estamos a cumprir conforme a distribución horaria coas horas planificadas.
- Mellorouse a funcionalidade de horarios, o que permite xerar excepcións desde un único horario, tanto para servizos como para traballadores.
Esperamos que estas melloras axuden a mellorar a experiencia ontimize+Integra.
Miguel Barbosa
Socio Responsable do área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector