Algalia leva xa varios anos xunto a Nosa Enerxia S. Coop. Galega como provedor de enerxía eléctrica. O obxecto de Nosa Enerxía é a comercialización de enerxía de orixe renovable a todas aquelas socias da cooperativa, proporcionando un servizo de calidade a un prezo xusto.
Na pasada asemblea atendemos a solicitude que realizou o Consello Reitor de Nosa Enerxía S. Coop. Galega ás súas socias que, fronte a acudir ao mercado bancario para dotarse de liquidez derivado do contexto de incremento de prezos, deseñou unha estratexia e un instrumento conducente a financiarse a través das súas socias, ofrecendo un tipo de interese do 1,5%. Desta forma tratamos de apoiar a unha empresa que ofrece unha alternativa ao actual mercado enerxético.