David Pereiro, consultor de estratexia en Algalia, acompaña desde abril a Misiones Salesianas nun proceso de reflexión estratéxica que se recollerá no Plan estratéxico da entidade 2023-2026.
Nun proceso de consultoría que ocupará 7 meses de traballo, todo o equipo humano da entidade, que conta con proxectos de cooperación internacional e atención a misións salesianas en máis de 130 países do mundo, participará nun proceso participativo no que se desenvolverán as seguintes fases de traballo:
- Preparación e lanzamento.
- Análise estratéxica.
- Desenvolvemento da estratexia e formulación de obxectivos.
- Redacción do Plan estratéxico 2023-2026.
Misiones Salesianas é unha entidade relixiosa cristiá, pertencente á Congregación Salesiana cuxa misión é fortalecer e acompañar a actividade misioneira de promoción, protección e educación da infancia e mocidade para favorecer o seu desenvolvemento integral, con especial atención aos máis vulnerables nos países empobrecidos, promovendo o compromiso solidario das persoas con fin de facelas copartícipes da misión e xerar cambios para transformar a sociedade.
Para máis información, premer neste enlace.