Un Modelo de Negocio (MdN) describe as bases sobre as que unha empresa crea, proporciona e capta valor. Alexander Osterwalder liderou a cocreación de un modelo para a innovación en modelos de negocio consistente en crear valor para as empresas, os clientes e a sociedade: o modelo Canvas

A Consultoría de gestión de LKS, consultora de referencia no País Vasco, innovou sobre o modelo Canvas e creou o “MdN Innovation”. En colaboración con Algalia, traballan na translación de esta ferramenta de management estratéxico o ámbito da economía social e o terceiro sector.
MdN Innovation: unha evolución do modelo Canvas

O modelo Canvas de Alexander Osterwalder

No seu libro Generación de modelos de negocio, Osterwalder escribe que “creemos o mellor xeito de describir un modelo de negocio é dividilo en nove módulos básicos que reflictan a lóxica que segue unha empresa para conseguir ingresos [no sector de acción social, resultados ou impactos: desenvolvemento da súa misión, maior cobertura de atención a destinatarios, sostibilidade …]. Estes nove módulos [Ver a imaxe] cobren as catro áreas principais de un negocio: clientes, oferta, infraestrutura e viabilidade económica” (páx. 15).

A innovación de LKS

Os consultores de LKS caeron na conta que para o desenvolvemento de estratexias competitivas nos negocios de unha empresa, ou servizos de unha organización, é preciso contar con algúns inputs relevantes do ámbito corporativo, isto é, do ámbito das directrices e condicionantes fundamentais que enmarcan o traballo das empresas e organizacións, como son a Estratexia xenérica da entidade (cales son as aspiracións básicas, cal é a forza condutora que establece para o desenvolvemento da súa misión …), os Determinantes organizativos (como poden ser os valores, o ámbito xeográfico de actuación, directrices políticas fundamentais …) o a Estrutura organizativa  (niveles de coordinación e dirección, forza do traballo, implantación territorial …).

Esta perspectiva enriquece o modelo ao vinculalo con outras ferramentas de management estratéxico como o MdC (Modelo Corporativo), no cal se desenvolve con amplitude a dimensión corporativa das organizacións.

A colaboración de Algalia

LKS e Algalia colaboran na utilización do MdN Innovation no ámbito empresarial da economía social (cooperativas, centros especiais de emprego, empresas de inserción …) e en organizacións do terceiro sector de acción social e educativas.

Algalia elaborou o seu vixente Plan estratéxico (2014-2016) asistida polos consultores de LKS e utilizando esta metodoloxía. A experiencia vivida convenceunos de que a aplicación desta metodoloxía aos clientes aos que se dirixe o Área de Consultoría de Algalia lles achegaría a capacidade de armar un proxecto sólido para enfrontar o futuro e contribuiría de un xeito decisivo a incrementar o valor que achegan os seus destinatarios.

David Pereiro
Socio consultor de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar