A Nova Lei do Terceiro Sector SocialPublicouse a Lei 43/2015, de 9 de outubro, do Terceiro Sector de Acción Social (BOE de 10 de outubro de 2015) con entrada en vigor o pasado día 11 de outubro de 2015.

Aspectos relevantes para o sector non lucrativo:

  1. Define (artigo 2): 1. “As entidades do Terceiro Sector de Acción Social son aquelas organizacións de carácter privado, xurdidas da iniciativa cidadá ou social, baixo diferentes modalidades, que responden a criterios de solidariedade e de participación social, con fins de interese xeral e ausencia de ánimo de lucro, que impulsan o recoñecemento e o exercicio dos dereitos civís, así como dos dereitos económicos, sociais ou culturais das persoas e grupos que sofren condicións de vulnerabilidade ou que se atopan en risco de exclusión social. 2. En todo caso, son entidades do Terceiro Sector de Acción Social as asociacións, as fundacións, así como as federacións ou asociacións que as integren, sempre que cumpran co previsto nesta Lei (…).
  2. Restrinxe o ámbito de aplicación (artigo 3): “(…) a todas as entidades do Terceiro Sector de Acción Social de ámbito estatal, sempre que actúen en máis dunha comunidade autónoma ou nas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla”.
  3. Non cambia o seu réxime xurídico xeral (Disposición final primeiro): “(…) rexeranse pola lexislación específica, que sexa aplicable en función da forma xurídica que adopten. A consideración de entidades do Terceiro Sector de Acción Social, conforme ao establecido nesta Lei, non escusa do cumprimento de todos os requisitos e condicións que estableza dita lexislación específica”, pero permitirá especialidades en axudas e subvencións públicas estatais (Disposición adicional sétima): “En atención ao interese xeral ao que serven e ás singularidades da súa natureza e actividades, dentro do marco xeral da normativa sobre subvencións, as bases reguladoras das convocatorias da Administración Xeral do Estado contemplarán as especialidades das entidades do Terceiro Sector de Acción Social en materia de apoios, axudas e subvencións públicas”.
  4. Dá cobertura ás subvencións de concesión directa durante o exercicio 2015, detallando nominalmente entidades e importes (Disposición Transitoria Única).

Para saber máis no seguinte link.

Santiago Míguez Caridad
Servizos Legais  de Algalia

Voltar