O +Integra, incorporará un módulo de Calidade de vida das persoas con TEA

Desde Autismo España, lévase traballando dende 2011 nun proxecto orientado a promover a Calidade de Vida das persoas que presentan Trastornos do Espectro do Autismo (TEA).

Os principais obxectivos desta iniciativa son:

  • Elaborar un modelo consensuado, que sirva como punto de partida ás entidades de AUTISMO ESPAÑA para manter un proceso de mellora continua nos servizos que prestan, producindo un impacto positivo e contrastable na calidade de vida das persoas que os gozan (persoas con TEA e as súas familias).
  • Definir e obxectivar os indicadores que permiten contrastar o impacto positivo dos apoios e servizos especializados na calidade de vida das persoas que os gozan, en distintas etapas da vida e en diferentes ámbitos da mesma.
  • Incorporar a perspectiva das persoas con TEA, dos seus familiares e dos profesionais que traballan nas entidades confederadas no desenvolvemento do modelo e nos indicadores resultantes.
  • Favorecer e promover o intercambio de experiencias neste campo así como o coñecemento compartido, enriquecendo o mesmo nunha contorna participativa.

Algalia colaborará neste proxecto coordinando o deseño dunha ferramenta informática que facilite a implantación do modelo nas entidades de AUTISMO ESPAÑA e a aplicación dos indicadores nos servizos que desenvolven. Este módulo integrarase na aplicación +INTEGRA, permitindo e facilitando unha mellor xestión dos clientes das entidades.

Miguel Barbosa
Socio Responsable do área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar