Desde este mes de outubro, os profesionais que traballamos en Servizo Laboral de Algalia estamos a traballar para incorporarnos con éxito ao novo Sistema de liquidación de cotizacións que implantou a Administración da Seguridade Social.
Coa recepción da notificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social no mes de setembro de 2016, iniciamos un período de prácticas que finalizará no mes de decembro de este mesmo ano. Será desde o 1 de xaneiro de 2017, cando esteamos plenamente incorporados ao novo sistema, xa efectuando as liquidacións correspondente ao mes de decembro de 2016 no novo Sistema de Liquidación Directa (SILTRA).
SILTRA permite o intercambio de información necesaria, entre empresa e a TGSS, para o cálculo das cotizacións, a afiliación e inscrición á Seguridade Social, modificacións de datos dos traballadores e a comunicación dos partes de baixa e alta por Incapacidade Temporal, así como os ficheiros mensuais cos Conceptos Retributivos Abonados ao traballador (ficheiros CRA), con independencia da súa inclusión ou non na base de cotización, comunicación que se suma, desde decembro de 2013, ao catálogo de obrigacións das empresas nas comunicacións á Seguridade Social.
Este sistema supón modificacións no actual procedemento de intercambio de información, tratamento, estrutura e formato dos ficheiros co que, como usuarios de o Sistema REDE,relacionarémonos a partir de agora coa TGSS.
Desde este novo sistema, o cálculo das cotas de seguridade social correspondentes a cada traballador será individualizado, realizado pola TGSS en función da información que dispoña e daqueloutra que deba ser proporcionada polo suxeito responsable do cumprimento da obrigación de cotizar.
Con SILTRA , a Seguridade Social pretende minimizar os erros, ao asumir a TGSS a aplicación das regras de cotización e contrastar os datos con carácter previo á liquidación, e mellorar así a transparencia e a forma de relación coas empresas, baseada nun sistema plenamente telemático eliminando a necesidade de actuacións presenciais e en soporte papel.
Marta Armada
Xefa de Equipo Asesoría Sociolaboral de Algalia Servizos para o Terceiro Sector